RECORDATORIO: Presentación do libro: " Non des a esquecemento" de Luís Bará Torres. Xoves 30 de marzo ás 20:30h.

 - - -
-

Presentación do libro: " Non des a esquecemento" de Luís Bará Torres

Xoves 30 de marzo ás 20:30h

Prezado/a Visitante,

Mañá xoves 30 de marzo ás 20.30h, terá lugar a presentación do libro " Non des a esquecemento" de Luís Bará Torres na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar.

Intervirán ademais do autor, Montse Fajardo e Xosé Lois Vilar e gozaremos da actuación musical do guitarrista Fernando Blanco.

"Este libro é unha compilación dos artigos publicados no blog Non des a esquecemento ao longo de case tres anos, desde comezos de 2014 a setembro de 2016. Mais sobre todo é a resposta a unha necesidade vital: a procura da verdade e da xustiza arredor das vítimas da represión franquista en Galiza, a vontade de contar o que pasou nun relato emocional, subxectivo, belixerante, impregnado da memoria oral, receoso dos informes oficiais e afastado tamén da neutralidade e da distancia de moitos estudos académicos.
Porque a crónica de acontecementos como os que aquí se relatan só ten sentido se forma parte dunha arela ética e política fundamental: a da reivindicación dos ideais e valores polos que loitaron e foron perseguidas tantas persoas ao longo de décadas; a militancia na causa da liberdade, da xustiza social, da igualdade; o compromiso por construír unha Galiza dona de si, próspera, solidaria, respectada. Esa é a mellor maneira de rescatalos do silencio das gavias e dos cemiterios; a victoria última contra a inxustiza, o terror e a mentira do franquismo; a verdadeira e definitiva homenaxe despois da amnesia e a amnistía decretadas na transición e no tempo que veu despois."

Fragmento do Epílogo do libro Non des a esquecemento.

 

 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.