Aínda quedan prazas para a XXII XEIRA ALÉN MIÑOR A ULLOA (8-9 XUÑO 2019)

 - - -
-

XXII XEIRA ALÉN MIÑOR 
A ULLOA 

(8-9 XUÑO 2019)

ULLOA

Prezado/a Visitante,

O vindeiro mes de xuño, no principio das calores, remataremos o primeiro ciclo do ano da sección Xeiras Alén Miñor. Desta volta recoñeceremos as Terras de Ulloa, formadas polos concellos de Monterroso, Palas de Rei e Antas de Ulla.

O segundo río máis importante do país, despois da cunca Miño-Sil, dá nome á bisbarra que nos acolle. E segue nomeando, alá por onde pasa, a Ulla no seu curso medio e  o Ullán na súa desembocadura na ría de Arousa.Vai marcando o limite xeográfico e fronteira natural entre A Coruña e Pontevedra, logo de deixar as de Lugo onde abrolla (entre o Alto do Corno e os Montes de Vacaloura, na parroquia de Ansar, Taboada).
 
 Durante os dous días de visitas e percorridos acompañaranos xunto coas súas infinitas regueiras e tributarios (Pambre, Furelos, Arnego etc.). Angostas carballeiras e bosques de ribeira, ben conservados aínda, perduran polo territorio, que xunto a fondura dos seus canóns e rápidos conseguen unha paisaxe de beleza extraordinaria. Os Torrentes do Mácara son bo exemplo. Un pouco máis abaixo Portodemouros encargarase de acougalo.
No seu discorrer, o río supuxo ó longo da historia unha importante barreira  natural, que os homes salvaban usando enxeño e pericia, ou ben con barcas ou con pontes, este paso obrigado de camiñantes, viaxeiro, arrieiros, comerciantes e moitos peregrinos. A pé ou en carruaxes, carros, bestas e cabalaria, facíanse  os camiños.
Unha fin de semana apaxioante, con moitas referencias culturais para admirar e reter no maxín. Entre outras:
 
Exterior do Pazo de Vilamaior (solar da familia Ulloa, s. XIV)
Castelo de Pambre (s. XIV e XV)
Torrentes do Mácara
Vilar de Donas (Mosteiro s. XII, pinturas góticas, altar románico, baldaquino etc.)
Igrexa románica de Marzá (s. XII)
Igrexa románica de San Miguel de Coence (s. XII)
Complexo de Agroecoturismo de Arqueixal
Santa Mariña de Castro Amarante, aldea con arquitectura tradicional, igrexa románica, capela dos condes e pazo (s. XVII).
Visita ás fincas de custodia do territorio de Quecus Sonora
Torre de San Miguel de Penas
Paseo por Monterroso
 
 
CARACTERÍSTICAS DA XEIRA
 
DATA: 8/9 de Xuño do 2019
 

GUÍAS: Membros da xunta directiva do Instituto de Estudos Ulloáns, entre outros: Francisco Pardo e  Xurxo Mouriño (coordinador proxecto Flora Da Ulloa), Sandra Goded e Rudi Esteban (fundadores de Querqus Sonora), Xose Luís Carrera, fundador de Arqueixal.

 
HORARIO APROXIMADO
 
SAÍDA DO AUTOCAR Sábado: 8:00 de Gondomar, dende a explanada do Pavillón de deportes.
 
CHEGADA: Domingo, aproximadamente ás 22.00, ó mesmo lugar de partida.
 
Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ao teléfono 986 360575/627 276816, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico a oficina@iem.gal.
Prazas mínimas :35
Data límite para inscribirse: 30 de Maio
As baixas que se realicen con menos de 48 horas antes do comezo da xeira non se aboará o importe da mesma.

·      PREZO SOCIOS/AS: 140 EUROS
·      PREZO NON SOCIOS/AS: 150 EUROS
·      Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164

O prezo inclúe a viaxe en autobús, hotel ou casa rural, cea do sábado, almorzo do domingo, comidas do sábado e domingo,  seguro, xantar, as visitas e guías.


 
 
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de Datos, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.