Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio
Skip to content
Pasamento do noso compañeiro e amigo Alfonso Soliño Troncoso. PDF Imprimir Correo-e

Escrito por IEM -Sec   
Venres, 11 Xaneiro 2019 19:02
alfonso

Comunicamos a triste nova do pasamento do noso compañeiro e amigo Alfonso Soliño Troncoso que tivo lugar hoxe. Fundador e colaborador do IEM dende o seu inicio, queremos lembrar o seu devezo e a súa disposición sempre dende unha apracible afouteza. Vaia este recordo na memoria dese camiño convivido.

O IEM anunciará con tempo unha homenaxe que terá lugar na súa sede.

Estará no tanatorio do Miñor (rúa Xulián Valverde, 38) en Sabarís ata mañá sábado 12 de xaneiro ás 16:15H. O seu enterro será ás 16:30H no cemiterio de Mañufe.

Forza e esperanza para os seus. Descanse en Paz.

Sempre nos nosos corazóns.