Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
Presentación en Lalín do libro de Carlos Méixome, Daquí e Dacolá PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 15 Maio 2015 13:02
2capa-libro-carlos

Os relatos, artigos e reflexións dos que é autor o profesor e director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome Quinteiro, chegan reunidos no libro titulado: Daquí e dacolá. Follas voadeiras. Obra escrita por un historiador que exerce o seu dereito "de explicar o Mundo dende aquí, sen medo a implicarse nos asuntos do mundo real cunha perspectiva trazada dende Galicia".

Daquí e dacolá. Follas voadeiras, será presentada en Lalín, o venres 15 de maio ás 20:00 horas na Libraría Vagalume (rúa D, número 20) nun acto que coordinará a directora de Artesa das Artes, Cruz López, e que contará coa presenza do profesor e escritor Gonzalo Navaza, do editor Antón Mascato, e do autor. Unha vez rematada a presentación iniciarase un debate arredor do punto de situación da cuestión identitaria na Galicia actual.