Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
Debate sobre a cuestión indentitaria na Galiza e presentación do libro “Daquí e Dacolá” en Vilagarcía. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 18 Maio 2015 19:14
carlos-meixome-iem

Os relatos, artigos e reflexións dos que é autor o profesor e director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome Quinteiro, chegan  reunidos no libro titulado: Daquí e dacolá. Follas voadeiras. Obra escrita por un historiador que exerce o seu dereito “de explicar o Mundo dende aquí, sen medo a implicarse nos asuntos do mundo real cunha perspectiva trazada dende Galicia”.

Daquí e dacolá. Follas voadeiras 2001 – 2014. será presentada en Vilagarcía, o mércores 20 de maio ás 20:00 horas no Auditorio, na segunda planta,  nun acto que  coordinará a profesora Narda Rubianes,  e que contará coa presenza do arquitecto e ex deputado no Parlamento galego, Francisco Trigo Durán, do actor e candidato á Alcaldía Garpar Somoza, do editor Antón Mascato, e do autor. Unha vez rematada a presentación iniciarase un debate arredor do punto de situación da cuestión identitaria na Galicia actual.

Do libro

Co nexo común da cultura galega e da acción política nacionalista recóllese unha serie de textos que o autor denominou Follas voadeiras, polo seu carácter inmediato e Daquí e dacolá polos diversos medios en que foron publicados, aos que se suman escritos de carácter político, epistolar ou de lectura pública.

Do autor

Carlos Méixome Quinteiro (Lalín, 1954), estudou Filosofía e Ciencias da Educación na Universidade de Santiago e foi profesor de Xeografía e Historia en centros da comarca de Vigo e o Val Miñor.

Ten traballado en cuestións internacionais sobre as que ten publicado unha gran cantidade de artigos e, en colaboración O conflito dos Balcáns. A ex-lugoslavia (1994); Rusia das orixes á crise dun modelo (1996); e Cuba, independencia e revolución (1998).

Sobre historia contemporánea publicou: Textos e documentos para a historia contemporánea de Galicia. Século XX (1999) e Castelao: Unha historia do nacionalismo galego (2000), e Javier Alonso Salgueiro. O mozo da bandeira (2014).

Estudou a represión franquista no sur da provincia de Pontevedra, sobre o que ten publicado unha gran cantidade de artigos en diversas publicacións e libros colectivos.

Militante e dirixente nacionalista dende hai corenta anos. Durante a década dos setenta participou activamente no movemento estudantil nacionalista ERGA. Membro electo do primeiro Consello Nacional do BNG na Asemblea fundacional en 1982. Participou na fundación de ANOVA e foi membro da súa comisión permanente ata a súa demisión en 2014.

É director do Instituto de Estudos Miñoranos dende a súa fundación en outubro de 1999.