Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
Coloquio de Carlos Méixome sobre o universalismo da cultura galega na Capitanía Marítima de Baiona. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 06 Xullo 2015 22:49
carlos-meixome-iem

No marco do Ciclo de Conferencias do Verán organizado pola Concellaría de Cultura de Baiona, o vindeiro xoves 9 de xullo ás 20:30 horas terá lugar o coloquio "Identidade, tradición e modernidade. O universalismo da cultura galega", a cargo do noso compañeiro e director do IEM, Carlos Méixome. O faladoiro se desenvolverá nas instalacións da Capitanía Marítima de Baiona con entrada libre.

Carlos Méixome Quinteiro (Lalín, 1954), estudou Filosofía e Ciencias da Educación na Universidade de Santiago e foi profesor de Xeografía e Historia en centros da comarca de Vigo e o Val Miñor.

Ten traballado en cuestións internacionais sobre as que ten publicado unha gran cantidade de artigos e, en colaboración O conflito dos Balcáns. A ex-lugoslavia (1994); Rusia das orixes á crise dun modelo (1996); e Cuba, independencia e revolución (1998).

Sobre historia contemporánea publicou: Textos e documentos para a historia contemporánea de Galicia. Século XX (1999) e Castelao: Unha historia do nacionalismo galego (2000),  Javier Alonso Salgueiro. O mozo da bandeira (2014)  e Daquí e dacolá. Follas voadeiras 2001 – 2014 (2015).

Estudou a represión franquista no sur da provincia de Pontevedra, sobre o que ten publicado unha gran cantidade de artigos en diversas publicacións e libros colectivos.

Militante e dirixente nacionalista dende hai corenta anos. Durante a década dos setenta participou activamente no movemento estudantil nacionalista ERGA. Membro electo do primeiro Consello Nacional do BNG na Asemblea fundacional en 1982. Participou na fundación de ANOVA e foi membro da súa comisión permanente ata a súa demisión en 2014.

É director do Instituto de Estudos Miñoranos dende a súa fundación en outubro de 1999.