Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
Pase do filme “Con pés de cemento” : A crise da burbulla inmobiliaria analizada dende o Val Miñor. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 21 Setembro 2015 20:49
Cartel-Con-pes-de-cemento

Entre os anos 2007 e 2014 os documentalistas Juan Forti  e mais Manuel Pedrosa fixeron un percorrido polo Val Miñor e contorna procurando respostas, pistas que axudaran a entender o fenómeno da “burbulla inmobiliaria” no país. Co eco das protestas que impediron a aprobación do PXOM especulativo de Nigrán de 2007; as resistencias aos intentos de abrir campos de golf e urbanizacións na Serra da Groba e as promesas de milleiros de empregos para levantar Porto do Molle; vai desenvolvéndose o relato do filme documental Con pés de cemento. Obra que teremos o pracer de presentar da man dos seus autores o vindeiro xoves 24 de setembro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar).

Sinopse dos autores

“Con peś de cemento recolle as voces que se opoñen a un sistema político económico e ideolóxico que fai prevalecer o lucro das grandes empresas sobre as necesidades máis básicas das persoas; prestando especial atención á dependencia da economía española coa produción de cemento.

O documentario arranca con entrevistas aos protagonistas dos movementos veciñais que se opuxeron a aprobacións de plans xerais corruptos, na etapa final da burbulla inmobiliaria. Seguindo este fío explora as causas e as consecuencias do despoboamento do rural, o sobredimensionamento dos infraestruturas e a necesidade dunha mudanza do noso xeito de organizar e xestionar o común”.

Ficha

Título: Con pés de cemento.

Produción: Porlanfit producións.

Dirección: Juan Forti e Manuel Pedrosa Sánchez

Duración: 30 minutos