Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
Pedro Feijoo presentará a súa nova novela “Morena, perigosa e románica” no IEM. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 06 Outubro 2015 19:52
libroePedroFeijoo

De boca do propio autor imos coñecer todos os segredos de Morena, perigosa e románica, a nova e esperada novela de Pedro Feijoo. Acompañado de Manuel Bragado da casa editorial Xerais e Luís Domínguez Sanjuán  da Asociación Espazo Lectura, a presentará este xoves 22 de outubro ás 20:30 horas nun acto aberto.

Morena, perigos e románica. Unha comedia dantesca.

“Co seu permiso vou introducir un argumento: cando a señora Chismes, a veciña do segundo, chamou á miña porta, eu pensei que o que viña buscando era o meu amor. Ou un pouco sal... Pero polo visto o asunto non ía por aí. En lugar do desexo ardente de verme en roupa interior, o que aquela muller traía na cabeza eran dúas cousas ben distintas: demasiada colonia barata, e a intención de enlearme no maior roubo do século. O que estou a piques de compartir con vostedes é a historia dun grupo de xente decidida a todo, convencida de que o mellor que poden facer para saír do desastre en que a crise converteu as súas vidas é dar o golpe definitivo, sacar adiante a empresa. Velaquí a disparatada aventura dunha serie de superviventes deste tempo cruel, personaxes sen oficio nin beneficio coñecido, desesperados e, para maior complicación, incapaces de sumar entre todos eles unha única neurona útil... Por certo, díxenlles xa que son vostedes un público marabilloso?”

Morena, perigosa e románica (Xerais, 2015) está editada simultaneamente en galego e castelán. O primeiro capítulo do relato pode descargarse a continuación: