Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
Candidatura presentada para a elección da Xunta de Goberno do IEM. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 20 Outubro 2015 23:32
Logo-IEM-oficialweb

Convocada a XUNTA XERAL extraordinaria 2015 para elección Xunta de Goberno e Dirección do IEM. A mesma terá lugar o vindeiro venres 23 de outubro de 2015, con primeiro chamado ás 20:00 e segundo ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas. 

Como indican os estatutos, a elección de todos os membros da Xunta de Goberno será por sistema proporcional sobre candidaturas pechadas, que se presentarán asinadas por sete socios/as constando nelas a conformidade dos presentes. Tales candidaturas obrarán na Secretaría do IEM cunha antelación mínima de 15 días naturais anteriores á data das eleccións. A distribución decargos é competencia da Xunta de Goberno elixida.

Nese senso presentouse unha única lista nas formas e prazos establecidos daque damos publicación:

Candidatura IEM

Director: Xulián Maure Rivas

Vicedirector: Xosé Lois VilarPedreira

Tesoureiro: Marcos Buceta Abalde

Secretaria: María Lemos Cerqueira

Vogais: Bruno Centelles Garda,Antonio Soliño Troncoso, Alfonso Posada González, Xilberte Manso de la Torre,Pablo Casal Núñez, José Antonio Viña Arias, Xosé Ramón García Martínez, Miguel Anxo Mouriño Fernández, Juan Chamorro Saromán, Anxo Rodríguez Lemos, Jesús Rodríguez Diéguez, Alfonso Soliño Troncoso, Luis Carballo Moure.