Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
Presentación do libro 6 POEMAS 6 PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 17 Febreiro 2016 02:02
sinttulo

O Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, presenta en Gondomar o libro colectivo "6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca". Trátase dunha homenaxe aos 6 poemas galegos do poeta granadino, poemario que contribuíu a prestixiar a literatura galega do século 20 dada a importancia literaria do autor e a súa universalidade. Pero tamén é unha homenaxe a Ánxel Casal, o editor, con quen o poeta compartiu a aventura de dar a luz este libro e outra aventura incomprensible e tráxica: o seu asasinato en agosto do 1936, unidos para sempre por unha mesma data. E, non podía ser doutro xeito, este libro é tamén unha homenaxe ao editor.


A idea de Suso Díaz, compartida con Helena Villar Janeiro, era reeditar os 6 poemas de Lorca con novas achegas que lles fixesen homenaxe, para o cal conseguiron reunir 6 grupos de 6 poetas cada un. Cada grupo apadriñaría un dos poemas e faría unha composición comunitaria inspirada nel; ademais, coa mesma inspiración, cada poeta achegaría o seu propio texto. En total 42 novos poemas para Lorca. Ao final, unha composición colectiva mediante un acróstico con estas letras capitais: A ÁNXEL CASAL EDITOR DE SEIS POEMAS GALEGOS. 36 letras, 36 poetas, 36 versos para quen tanto fixo polas letras galegas nunha situación nada doada.
Podedes ver unha información sobre todos os participantes na páxina http://www.susodiaz.gal/search... .
O acto de presentación en Gondomar terá lugar o vindeiro venres, 19 de febreiro, ás 20:30 horas na sala de conferencias do IEM, aula Ponte de Rosas, situada na avenida da Feira, 10, baixo, e nel participarán Marta Dacosta, Ledicia Costas, Miriam Ferradáns e Irene Silva, que nos ilustrarán sobre a xestación deste orixinal e importante libro e recitarán algúns dos seus poemas.
Esperamos e agradecemos a vosa asistencia.