Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
Proxección do documental “Seguindo os pasos do ouro negro” PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 02 Marzo 2016 20:04
Indexar artigo
Proxección do documental “Seguindo os pasos do ouro negro”
Paxina 2
Todas as páxinas
O vindeiro xoves 10 de marzo, ás 20:30 horas terá lugar a proxección do documental "Seguindo os pasos do ouro negro" na Aula de Cultura Ponte de Rosas e contará coa intervención do autor Diego Casal Ramos, guía da derradeira Xeira Alén Miñor (Poboado de Fontao).

A mina de Fontao atópase no corazón de Galicia, concretamente no concello de Vila de Cruces, provincia de Pontevedra. Aínda que hai que esperar ata o século XIX para atopar as primeiras referencias formais en relación coa súa explotación, diversos indicios apuntan a un posible aproveitamento dos recursos da zona dende antigo.
A intensa actividade extractiva xerada á calor da alza das cotizacións dos principais metais extraidos nesta mina durante o século XX, propiciou que unha pequena aldea do interior de Galicia se convertese nun fervedoiro de xentes de diversa orixe e condición.
Presos, mineiros, estraperlistas e personaxes de todo tipo déronse cita en Fontao, configurandose unha especie de far west á galega.
O aproveitamento dos recursos desta mina foi posible grazas a un capital financeiro, humano e técnico sufiente, ata o punto de que nos períodos nos que os prezos dos metais baixaban, o negocio mineiro seguía sendo posible pola decidida aposta da empresa explotadora por unha modernización e mellora continua, mentres o resto de minas se veian abocadas ao peche.