Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Laura Ramos Cuba gaña o XIº Premio de poesía VictorianoTaibo coa obra presentada baixo o título de A situación actual

O xurado do certame poético VictorianoTaibo que convoca o Concello de Gondomar en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, integrado polos escritores e escritoras Iria Misa, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Mouriño, Marta Dacosta en nome do IEM e Rafa Vilar, gañador da Xª edición, resolveu que o libro gañador desta XIª edición era o presentado co título de A situación actual que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Laura Ramos Cuba.

O xurado valorou que se trata dunha obra absolutamente contemporánea en que atopamos unha voz intimista moi forte. Unha voz dunha grande radicalidade, capaz de reflectir unha situación límite, unha crise emocional. Destaca a capacidade de poetizar o cotián con sinxeleza e fondura a un tempo. O xurado tamén salientou a unidade do libro, que mantén ao longo da lectura o pulso e o ritmo.

Laura Ramos Cuba, é unha moza burelá graduada en xornalismo e comunicación audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Este é o seu primeiro premio e, será, o seu primeiro libro publicado, co que o certame Victoriano Taibo ten a satisfacción de permitir que saia á luz esta voz actualísima que nos fala desde as súas propias coordenadas inseridas neste século XXI.

A entrega do premio será o día 17 de novembro nun acto que decorrerá no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

 

Está en:  Inicio
Skip to content
Semana 12-18 de febreiro.
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 18 Febreiro 2018 23:11

IEM Proxecto EQUUS Laxe da Coutada Taboexa TVG A revista

Emisión do 15 de febreiro de 2018 no programa "A REVISTA" da TVG dando conta do achado dunha das mellores superficies gravadas da arte rupestre galega na LAXE DA COUTADA, en Taboexa, concello das Neves.

https://www.youtube.com/watch?v=TnXjQUkjBw0&t=3s

 

IEM: GALICIA 2017-2010. Ana Pontón (BNG) 16/02/18

As problemáticas do territorio. Lei de Montes e Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais.

https://www.youtube.com/watch?v=fz9kt2mwA3A&t=54s

 

Xosé Lois Vilar (As Neves 17/02/2018)

Intervención de Xosé Lois Vilar Pedreira (IEM) na presentación do audiovisual "E VEU O LUME" no auditorio municipal de As Neves. Sábado 17 de febreiro de 2018

https://www.youtube.com/watch?v=AfELE3LMOAc&t=33s

 

Tino Baz (As Neves 17/02/2018)

Intervención de Tino Baz na presentación do audiovisual "E VEU O LUME" no auditorio municipal de As Neves.

https://www.youtube.com/watch?v=cPcQCmOo6n4&t=5s

 
Alberte Blanco Casal e Alfredo Suárez Canal no faladoiro e presentación do libro " O monte galego" venres 9 de febreiro ás 20:30h
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 05 Febreiro 2018 03:21
d16ed7c436ade08bea221c138f3d3776
O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir este venres 9 de febreiro ás 20:30h, ao segundo faladoiro de anticipación do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros", no que intervirán Alberte Blanco Casal e Alfredo Suárez Canal na presentación do libro:
O MONTE GALEGO. CAOS OU APROVEITAMENTO MULTIFUNCIONAL?
O acto será presentado por Camiño Noia Campos, catedrática de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Vigo.
A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.
alberte-blanco-casal

Alberte Blanco Casal

Profesor de Tecnoloxía de Ensinanza Secundaria no instituto de Verín. Foi Director Xeral de Montes da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia (2005-2009). Foi fundador da Asociación Cultural Monterrei, da súa revista A Tempo e do colectivo de animación cultural Foro Monterrei. É colaborador dos diarios dixitais Sermos Galiza, Praza Pública e Terra e Tempo, e da revista do Fórum Galaico Transmontano editada en Chaves.

1156234619_740215_0000000000_noticia_normal

Alfredo Suárez Canal

Foi concelleiro en Allariz e deputado provincial de Ourense. Deputado no Parlamento de Galicia (1993-2005)
Logo dunha longa carreira política, foi nomeado conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, entre 2005 e o 2009.
 
Faladoiros Galicia 2017-2020. Presente e Futuros. Problemáticas do territorio: Lei de Montes e Lei de Iniciativas Empresariais.
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 14 Febreiro 2018 00:31
5a7c2201620a0-catro

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) presenta o primeiro faladoiro 2018 este venres 16 de febreiro no que intervirá a portavoz do BNG, Ana Pontón.
Os faladoiros centraranse en cuestións relacionadas co territorio, respecto ao recollido na Lei de montes e a Lei de fomento da implantación das iniciativas empresariais, na que cada poñente ofrecerá a súa visión sobre o tema proposto.
Nos faladoiros actuarán como presentador Xulian Maure Rivas, director do IEM e como moderador David Reinero, xornalista de Praza Pública.
Os faladoiros terán lugar ás 20.30 horas na sede do IEM, Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10, Gondomar.
 
Charla- inauguración da exposición fotográfica “Donbass, a triste verdade” Xoves 8 de febreiro, ás 20:00 H.
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 05 Febreiro 2018 03:01
img-20180203-wa0019
O vindeiro xoves 8 de febreiro, ás 20:00 H, o IEM acolle a charla- inauguración da exposición fotográfica "Donbass, a triste verdade", sobre a catástrofe humanitaria no Leste de Ucraína.
A exposición estará aberta ata o 9 de marzo e poderá visitarse todos os xoves e venres de 18H a 21H na sede do IEM, Avda. da Feira, 10 Baixo (Gondomar).
Organiza a exposición a asociación sen ánimo de lucro Blagoe Delo, dedicada a labores humanitarias para a poboación civil da rexións de Donbass en Ucraína.
 
Ana Pontón no 1º faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros". Problemáticas do territorio: Lei de Montes e Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais”. Venres día 16 de febreiro ás 20:30h.
Escrito por IEM -Sec   
Xoves, 08 Febreiro 2018 02:00

cartel-galicia18-web

2016022020514696223

O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir o venres día 16 de febreiro ás 20:30h ao primeiro faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros no que intervirá a voceira do grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón.

O acto será presentado por Xulián Maure Rivas (Director do IEM) e moderará a xornada David Reinero (Xornalista).

O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto de problemáticas do territorio: Lei de Montes e Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais"

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.

 
Xoán Doldán fala no IEM sobre a Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 28 Xaneiro 2018 22:52
doldn

O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir este venres día 2 de febreiro ás 20:30h ao primeiro faladoiro de anticipación do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros", no que intervirá o profesor titular de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e presidente de Véspera de Nada, Xoán Doldán García .

O acto será presentado por Xulián Maure Rivas (Director do IEM).

O contido da xornada tratará sobre a aplicación da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, a súa afectación, consecuencias e alternativas no ámbito rural.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 216