Obra gañadora do II Certame de Creación Literaria: Día de pesadelo Imprimir

Escrito por IEM -Sec   
Martes, 02 Abril 2019 20:50

DÍA DE PESADELO

Por Carolina Figueroa Granja, Erea Estévez Vilar

e Zayra Costas González, 11 anos, 6º E.P.

Colexio: ceip Souto-Donas

 

PERSONAXES:

— LAURA: muller nova, propietaria dun negocio e con familia.

— LOLA: muller de mediana idade, traballa de panadeira e ten dous fillos.

— ÚRSULA: nena, filla da panadeira.

— LUCAS: neno, fillo da panadeira.

— MANUEL: vello do lugar, un pouco xordo.

— ROSA: vella do lugar e muller de Manuel.

— ANDREA: moza adolescente, filla de Laura.

— ANDRÉS: mozo.

— ENMA: nena, filla de Laura.

— ANTÓN: home novo e marido de Laura.

 

INTRODUCIÓN:

A obra transcorre nunha tenda de roupa propiedade de Laura, unha moza moi atrevida que decidiu abrir o seu propio negocio.

Cando se abre o pano aparece Laura en escena moi atarefada colocando a mercadoría da nova tempada.

O escenario ten estantes cheos de roupa, un mostrador con aparatos de traballo de Laura (ordenador, teléfono, tpv, axenda, .....), e noutro punto do escenario unha morea de caixas cheas de mercadoría para desempaquetar.

 


 

A moza, ao verse rodeada de tanto traballo, exclama:

LAURA: Meu Deus! ....... Teño máis pirámides de caixas ca os Faraóns do Exipto!!!!!!!

Entra en escena Lola a panadeira acompañada dos seus fillos Úrsula e Lucas.

LOLA: Bos días! Como vas, muller?

ÚRSULA e LUCAS: Ola!!

LAURA: Ola a todos, eu andar ..... andar .... ándoche ben ..... pero ben atarefada, por aquí, colocando todo isto que me acaba de chegar ...... .

LOLA: Bueno ..... non será para tanto a cousa ..... .

LAURA (impacientándose un pouco) A ver muller ..... podo axudarche en algo?, que viñas

buscando?

LOLA: Viña polo encargo que che fixen o outro día e de paso botaba unha ollada ao novo que che está chegando ..... pensando xa na volta ao colexio destes dous (referíndose aos nenos que andan aburridos pola tenda).

ÚRSULA: Si, oh!! Volvemos ao cárcere para nenos ...... hehehehe ...... como lle chamamos nós.

LUCAS: E inda por riba con exames e sen cobrar ...... (di o neno con cara de circunstancias).

LOLA: Bueno .... si (a muller dio anoxada)Como o saiba o director!!

NENOS: Non ... non ... non llo digas ...... (berran ao unísono).

LOLA: (en ton ameazante)Está ben, pero se o volvedes facer xa sabedes o que vos espera .....

LAURA: Un curso enteiro sen recreo!!!!! ..... (rise ollando a cara dos cativos). Bueno, bueno, xa che dou o paquete agora mesmiño, Lola, que che vexo eses fillos un pouco inquedos.

LOLA: Vale, moitas grazas, Laura, así xa marcho con estes a ver si se espallan un pouco por aí fóra.

Lola sae, e ao cabo dun chisco empézanse a escoitar voces na rúa.

ROSA: Que si, Manolo, que si ..... que isto é a farmacia .....

MANUEL: (O home retruca teimudo) Que non .... non .... non .... e non ..... que esta é a taberna do sulfato.

ROSA: (A vella, tamén teimuda, funga) E dálle ..... outra vez igual; entramos e xa verás.

A parella entra na tenda de Laura e diríxense cara á moza que os recibe cun sorriso.

ROSA: Bos días moza ...... mira ... quería unhas aspirinas ....

LAURA: Perdoe vostede .... (con cara de asombro ante a confusión da vella) pero é que isto é unha tenda de roupa.

MANUEL: Ves como eu tiña razón e isto é a tenda do sulfato? (o vello replica todo cheo).

ROSA: Que non Manolo, que non ....... a moza dixo que era unha tenda de roupa .....

MANUEL: Que dixo que estaba de troula? (pregunta todo estrañado).

ROSA: (Berrando)De roupa Manoliño, de roupa!

MANUEL: (Cun gran sorriso)Ahhhhhhh ....... de roupa ..... que ben ..... entón poderiamos mercar unhas cirolas novas para min que xa as teño todas furadas ..... parece que aniñaron os ratos nelas (Rosa e Laura quedan aparvadas).

ROSA: (Avergoñada, como berrándolle baixiño)Pero que dis home! Iso non se di diante da xente.

MANUEL: (Achegándose a ela e borboriñando)Que si, están furadas, repunantiña.

ROSA: Manolo, furadas estarán, pero aquí non venden calzóns.

MANUEL: Vaia, pois eu digo que si, se é unha tenda de roupa terá que vendelos, digo eu!

ROSA: (A muller ruborízase)De roupa é ..... tes razón ... pero non de roupa íntima; veña, veña .... vamos ..... ímonos de aquí!

Marchan os dous e Rosa vaille dando co bolso a Manolo. De súpeto entra na tenda Enma correndo e agárrase a súa nai.

LAURA: Miúdo día levo hoxe, filla!

ENMA: (turrando da nai cara a unha cadeira) Maie, maie! Notición de primeira. Mira ... mira ... senta e xa cho conto.

LAURA: A ver, Enmiña, conta dunha vez e non me teñas así coa intriga .....

ENMA: Alá vou ..... (pon cara de suspense para darlle máis emoción)....

LAURA: Veña que non teño todo o día. Dálle dunha vez.

ENMA: (Protestando)Pero maie .... se non me deixas empezar.

LAURA: (Suspira a nai mirándoa con cara pasmada)Hai que ver ....

ENMA: Vale, vale ..... A ver .... por onde podo empezar .... que ... mmmmm .... bueno ... o que pasou .... pois resulta que Andrea ...... pois andaba ....

Nese mesmo intre entra na tenda a súa irmá máis vella Andrea.

ANDREA: Que pasa comigo?

ENMA: (Arrepentíndose)Bueno .... mellor calo, mellor que cho conte ela (sinala cara a onde está a súa irmá).

ANDREA: Que teño que contar?

ENMA: Ti saberás ..... Eu non fun a que me estiben bicando cun mozo á saída do insti ..... (asombro da súa nai e vergoña da irmá).

LAURA: (botando as mans á cara)Andrea!!!!!

ANDREA: Buenooo ...... .

Interrómpese a conversación porque entra Andrés pola porta.

ANDREA: (toda ruborizada)Pero ti que fas aquí?

ANDRÉS: (coas mans nos petos e encolléndose de ombros; os demais mírana atentamente)Pois nada, como me dixeches que viñese visitarte despois, pois aquí estou.

ANDREA: (Intentando escusarse) Cando dixen eu tal cousa?

ENMA: (Acirrando) Eu tamén te escoitei ...... cando te mirei.

ANDREA: (Réndese vendo que xa non pode evitar a situación)Pois vale ..... Teño noivo, e que? Xa teño 17 anos .....

Laura deixase caer na butaca mentres Enma lle dá aire para que non se desmaie. E xusto nese intre entra Antón o home de Laura cunha camisa moi sucia ....

LAURA: O que me faltaba xa!. .... Pero que fas con esa camisa!!! Estás feito un desastre por non dicir outra causa!!!!

ANTÓN: Veño de axudar a matar un porco .... que lle queres? E a ti que che pasa para estares aí tirada?

ENMA E ANDREA: Buuuffffffff

ANDRÉS: Mola o do porco .... (o rapaz fala sen pensar o que poida acontecer).

ANDREA: Mira paie .... este é o meu mozo Andrés.

ANTÓN: O que!!!!! !. ..... (exclama dando a volta para mirar o rapaz con cara de estar anoxado)Agarrádeme que o mato!!! (berra todo enfurecido).

ENMA: (rindo) Ala!!. ... coma o porco.

Os rapaces saen correndo da tenda a lume de carozo e o pai detrás .....

LAURA: Ai! Marcho para a casa que miúdo día de tolos tiven hoxe!!!! (colle a súa filla da man e apagando as luces da tenda marchan para a casa).

FIN

COLEXIO: CEIP SOUTO-DONAS