Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
XXII Xeira Alén Miñor a Ulloa (8-9 xuño 2019) PDF Imprimir Correo-e

Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 19 Maio 2019 23:08
59906157_2402988413083513_7436609553740857344_n
O vindeiro mes de xuño, no principio das calores, remataremos o primeiro ciclo do ano da sección Xeiras Alén Miñor. Desta volta recoñeceremos as Terras de Ulloa, formadas polos concellos de Monterroso, Palas de Rei e Antas de Ulla.
O segundo río máis importante do país, despois da cunca Miño-Sil, dá nome á bisbarra que nos acolle. E segue nomeando, alá por onde pasa, a Ulla no seu curso medio e o Ullán na súa desembocadura na ría de Arousa. Vai marcando o limite xeográfico e fronteira natural entre A Coruña e Pontevedra, logo de deixar as de Lugo onde abrolla (entre o Alto do Corno e os Montes de Vacaloura, na parroquia de Ansar, Taboada).
Durante os dous días de visitas e percorridos acompañaranos xunto coas súas infinitas regueiras e tributarios (Pambre, Furelos, Arnego etc.). Angostas carballeiras e bosques de ribeira, ben conservados aínda, perduran polo territorio, que xunto a fondura dos seus canóns e rápidos conseguen unha paisaxe de beleza extraordinaria. Os Torrentes do Mácara son bo exemplo. Un pouco máis abaixo Portodemouros encargarase de acougalo.
No seu discorrer, o río supuxo ó longo da historia unha importante barreira natural, que os homes salvaban usando enxeño e pericia, ou ben con barcas ou con pontes, este paso obrigado de camiñantes, viaxeiro, arrieiros, comerciantes e moitos peregrinos. A pé ou en carruaxes, carros, bestas e cabalaria, facíanse os camiños.
Unha fin de semana apaxioante, con moitas referencias culturais para admirar e reter no maxín. Entre outras:

Exterior do Pazo de Vilamaior (solar da familia Ulloa, s. XIV)
Castelo de Pambre (s. XIV e XV)
Torrentes do Mácara
Vilar de Donas (Mosteiro s. XII, pinturas góticas, altar románico, baldaquino etc.)
Igrexa románica de Marzá (s. XII)
Igrexa románica de San Miguel de Coence (s. XII)
Complexo de Agroecoturismo de Arqueixal
Santa Mariña de Castro Amarante, aldea con arquitectura tradicional, igrexa románica, capela dos condes e pazo (s. XVII).
Visita ás fincas de custodia do territorio de Quecus Sonora
Torre de San Miguel de Penas
Paseo por Monterroso

CARACTERÍSTICAS DA XEIRA
DATA: 8/9 de Xuño do 2019
GUÍAS: Membros da xunta directiva do Instituto de Estudos Ulloáns, entre outros: Francisco Pardo e Xurxo Mouriño (coordinador proxecto Flora Da Ulloa), Sandra Goded e Rudi Esteban (fundadores de Querqus Sonora).
HORARIO APROXIMADO
SAÍDA DO AUTOCAR Sábado: 8:00 de Gondomar, dende a explanada do Pavillón de deportes.
CHEGADA: Domingo, aproximadamente ás 22.00, ó mesmo lugar de partida.
Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ao teléfono 986 360575/627 276816, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .
Prazas mínimas :35
Data límite para inscribirse: 30 de Maio

As baixas que se realicen con menos de 48 horas antes do comezo da xeira non se aboará o importe da mesma.

• PREZO SOCIOS/AS: 140 EUROS
• PREZO NON SOCIOS/AS: 150 EUROS
• Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164

O prezo inclúe a viaxe en autobús, hotel ou casa rural, cea do sábado, almorzo do domingo, comidas do sábado e domingo, seguro, xantar, as visitas e guías.
En caso de solicitar habitación individual haberá que abonar un incremento de 50 euros.