Iván Puentes no faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros. Municipalismo." Venres 15 de marzo ás 20:30h Imprimir

O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 13 Marzo 2019 18:00
O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir o venres día 15 de marzo ás 20:30h ao faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros" no que intervirá o secretario de política municipal do Partido Socialista de Galicia, Iván Puentes.

Moderará a xornada Luís Álvarez Pousa (director da revista Tempos Novos).

O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto do municipalismo.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.