Convocatoria do XII Premio de poesía Victoriano Taibo Imprimir

Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Xoves, 11 Abril 2019 23:43
premio-vt

XII Premio de poesía Victoriano Taibo

 

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), en colaboración co Concello de Gondomar, convoca o XII Premio de poesía Victoriano Taibo, dotado con 3000 € e unha escultura conmemorativa de Fino Lorenzo. Rexerase polas seguintes

BASES:

1. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre, non poderán ser adaptacións nin ter sido premiados noutro certame no momento da decisión do xurado. Estarán escritos en lingua galega, de acordo coas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galegoda Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega (NOMIG, 2003).
2. Cada traballo consistirá nun ou varios textos poéticos, cunha extensión non inferior a 300 versos con unidade temática.
3. Os traballos presentaranse por quintuplicado, mecanografados a dobre espazo, con letra Times New Roman e corpo 12 nun sobre pechado identificado co lema, alcume, pseudónimo ou o título elixido polo autor/a.
Así mesmo, dentro deste sobre, xunto cos traballos incluirase outro sobre pechado identificado co devandito lema, título..., que conterá os datos persoais (nome, apelidos, copia de DNI, teléfono de contacto e enderezo electrónico. O xurado só o abrirá no caso de ser premiado

Os traballos enviaranse por correo ao seguinte enderezo:

Apartado 30

36380 Gondomar (Pontevedra)

4. O prazo de admisión de orixinais comezará cando se faga pública esta convocatoria e rematará o día 31 de xullo de 2019.
5. Os traballos presentados conservaranse durante un mes a partir da data de publicación da resolución do xurado, período durante o cal poderán recollerse no local do IEM en Gondomar. Transcorrido ese prazo destruiranse os que non fosen solicitados polos seus autores ou autoras.
6. O xurado estará constituído por persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario.
7. A obra premiada publicarase polo IEM na Colección Victoriano Taibo e non xerará dereitos de autor durante os primeiros 1500 exemplares editados. A publicación non pode superar o máximo de 250 páxinas.
8. O premio outorgado será único e indivisible. O xurado poderá declaralo deserto se estima que a calidade das obras presentadas así o aconsella.
9. Calquera incidencia non prevista nesta convocatoria será resolta polo xurado.
10.O feito de participar supón a aceptación destas bases.
O Premio de poesía Victoriano Taibo recoñeceu até o de agora a obras das seguintes escritoras e escritores:
2008: Carlos Negro con Cultivos Transxénicos,
2009: Mª Carmen Caramés con Cuarto Minguante eElvira Riveiro e Silvia Penas con Biografía da Multitude
2010: Mª Goretti Fariña con Devastacións dispoñibles
2011: Calros Solla con Holocausto Zacoe
2012: Conchita Álvarez Lebredo con Distancias e Simetrías
2013: Ramón Sandoval con Territorios Estraños
2014: Lara Rozados con O caderno amarelo
2015: Iñaki Varela con Do outro lado das portas
2016: Xosé Iglesias con A relixión do mar
2017: Rafa Vilar con Erosións
2018: Laura R. Cuba con A situación actual.
O IEM e o Concello de Gondomar queren, a través deste premio, enxalzar a figura de Victoriano Taibo, escritor e mestre na parroquia de Morgadáns, e contribuír ao crecemento da literatura na nosa lingua, convertendo Gondomar e este premio nunha cita imprescindíbel para as Letras galegas.