Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
SUSPENSIÓN DO FALADOIRO DO VENRES 8 DE MARZO CON ALBERTO PAZOS PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 04 Marzo 2019 01:17

O Instituto de Estudos Miñoráns informa que queda suspendido o faladoiro programado dentro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros. Municipalismo" con Alberto Pazos do día 8 de marzo.

Este posporase ao vindeiro venres 22 de marzo ás 20:30 H.

 
Presentación do libro:”PERCORRIDOS POLO PATRIMONIO CULTURAL DA VILA E CONCELLO DE GONDOMAR DE MIÑOR”. Sábado 23/2 ás 19:30h. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 16 Febreiro 2019 18:46
convite
 
Gondomar nomea fillo adoptivo a Victoriano Taibo o venres 8 de febreiro no auditorio Lois Tobío ás 20:00h PDF Imprimir Correo-e
Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 02 Febreiro 2019 19:59

O goberno local fará o recoñecemento a petición do IEM como paso previo á solicitude dun Día das Letras na súa honra.

O escritor e mestre Victoriano Taibo, membro fundador das Irmandades da Fala e integrante da Real Academia Galega, será fillo adoptivo de Gondomar a título póstumo a partir do venres 8 de febreiro do 2019 nun acto que terá lugar no auditorio Lois Tobío de Gondomar ás 20:00h .

O goberno municipal vai nomealo a petición do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), tras anos de traballo na difusión da súa figura e da súa vinculación co municipio, dado que impartiu clases na parroquia de Morgadáns entre 1930 e 1950, a súa etapa máis prolífica.

O autor que lle dá nome ao prestixioso premio de poesía organizado polo IEM, que cumpriu o ano pasado a súa undécima edición con centos de obras e de poetas participantes ao longo da súa traxectoria, será recoñecido por parte do Concello cun título que ata o de agora só ostenta Lois Tobío -diplomático, escritor e investigador da figura do conde de Gondomar-, ao que está dedicado tamén o auditorio municipal.

Amenizarán o acto os alumnos e alumnas do Conservatorio Municipal e o cantautor Paco Barreiro.

cartel-taibo-web

 
Luís Villares no 1º faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros. O municipalismo”. Venres 22 de febreiro ás 20:30h. PDF Imprimir Correo-e
Escrito por IEM -Sec   
Xoves, 14 Febreiro 2019 00:38
web-municipalismo

O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir o venres 22 de febreiro ás 20:30h ao primeiro faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros. Municipalismo" no que intervirá o voceiro do grupo parlamentario En Marea, Luís Villares.

O acto será presentado por Xulián Maure Rivas (Director do IEM) e moderará a xornada Luís Álvarez Pousa(Director da revista Tempos Novos).

O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto do municipalismo: financiamento, participación cidadá, demografía...

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.

 
Invitación ao acto de homenaxe e despedida de Alfonso Soliño Troncoso o sábado 9 de febreiro ás 19:30h. PDF Imprimir Correo-e
Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 02 Febreiro 2019 18:09

O Instituto de Estudos Miñoráns comprácese en convidalo ao acto de homenaxe e despedida do noso compañeiro Alfonso Soliño Troncoso, co que pretendemos recoñecer a súa traxectoria artística, profesional e humana, acto que terá lugar o vindeiro sábado 9 de febreiro ás 19:30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas en Gondomar.

1autorretrato. 1996. lapis a cor sobre papel. 2500x1600 cm.1

Autorretrato. 1996. Lapis a cor sobre papel. 25,00x16,00 cm.Autorretrato. 1996. Lapis a cor sobre papel. 25,00x16,00 cm.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 265