Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos Inaugúrase “Auga e lume”, de Alberto Casuso na Aula de Cultura Ponte de Rosas.
Skip to content
Inaugúrase “Auga e lume”, de Alberto Casuso na Aula de Cultura Ponte de Rosas. PDF Imprimir Correo-e

Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Mércores, 23 Setembro 2015 20:57
AlbertoCasuso2

O vindeiro venres 25 de setembro ás 20:30 horas terá lugar a inauguración de "Auga e lume", do plástico Alberto Casuso. A mostra será presentada polo artista Ramón Trigo na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Avenida da Feira Nº10, baixo, Gondomar .

A exposición permanecerá aberta ao público de luns a venres de 19 a 21 horas até o 20 de novembro. Trala presentación compartirase unha copa de viño e unhas roscas co autor da obra, xentileza da Adega Terras Gauda e a Panadería Copena de Gondomar.

Alberto Casuso

Estudou  Historia da Arte en Santiago para logo radicarse temporalmente en Madrid onde  se especializa  no mundo da restauración de mobles e obxectos de arte.  Traballou na dirección de produción nunha empresa dedicada ao desenvolvemento de mobiliario integral para espazos industriais, tanto públicos como privados.

Posteriormente perfeccionouse  na rehabilitación de cubertas e artesoados de madeira en edificios de patrimonio nacional e montou unha carpintería como apoio a eses labores.

A crise é a crise, e deume a oportunidade de comezar a crear outro tipo de arte que sen crise nunca habería ter tempo de realizar e ata hoxe” sinala o artista.

Díptico da mostra