Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos Alfonso Soliño Troncoso inaugura a exposición "TRAVESEOPRAGMATISMO" no IEM
Skip to content
Alfonso Soliño Troncoso inaugura a exposición "TRAVESEOPRAGMATISMO" no IEM PDF Imprimir Correo-e

Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 24 Xaneiro 2016 14:31
traveseopragmatismo 1
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Este venres 29 de xaneiro, ás 20:30 horas, Alfonso Soliño Troncoso, inaugura " TRAVESEOPRAGMATISMO". A exposición será presentada na Aula de Cultura Ponte de Rosas ( Avda. da Feira,10- Gondomar) e poderá visitarse de luns a venres de 18:00h a 21:00h ata o 18 de marzo de 2016

" Sirva isto para comprender este traveseo inquieto e nervioso, temeroso e tamén dubitativo para acadar un fin sinxelo de trazo, forma e cor sobre o concepto. A importancia do concepto. Concepto para o espírito que o vulgo considera malo por definición e ao que eu quero darlle procura de bondade para deleite propio, mediante un discorrer con algo de enxeño e viveza, con desenvolvemento, coma se dun trasno se tratase. Os soños. Procura esta difícil, con resultado vario que ás veces me parece inverosímil acadar. Desacougo prós achados." Alfonso Soliño Troncoso