Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos Inaugurada a mostra My Favorite Things do artista Vítor Mejuto na Aula de Cultura Ponte de Rosas
Skip to content
Inaugurada a mostra My Favorite Things do artista Vítor Mejuto na Aula de Cultura Ponte de Rosas PDF Imprimir Correo-e

Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Venres, 18 Marzo 2011 23:46
mejuto_antoniosolio

Foi inaugurada a mostra My Favorite Things do artista Vítor Mejuto na Aula de Cultura Ponte de Rosas. A exposición foi presentada polo arquitecto Antonio Soliño Troncoso (IEM), e contou coa presenza do autor. A obra de Mejuto amosa as "súas cousas favoritas" a través da súa obra mais recente, algunha delas asinadas na data de onte, segundo comentou durante a inauguración.
A exposición poderá visitarse de luns a venres de 19 a 21 horas, ata o 13 de abril.
Biografía de Vitor Mejuto por Vítor Mejuto
"Aínda que circunstancialmente nacín en Barcelona, vivo en Galicia dende os dez anos e toda a miña familia é galega. Cursei estudos durante tres anos na Facultade de Belas Artes de Salamanca. Vivo en Bertamiráns e traballo en Brión (Santiago de Compostela). Profesionalmente tamén me dedico á fotografía de prensa desempeñando os labores de Xefe de Fotografía no xornal La Voz de Galicia.
A miña obra pódese enmarcar dentro da tradición do que se deu en chamar abstracción xeométrica, disciplina cuxa xénese podemos encontrar no construtivismo ruso -que produciu o suprematismo-, a Bauhaus e o movemento De Stijl holandés e que máis tarde foi asumida por algúns informalistas da escola de Nova York como Frank Stella ou Keneth Noland. Algunhas destas propostas derivaron no Minimalismo, outras como no caso de Peter Halley revisitan a obra dos grandes mestres para acuñar o termo Neo Geo, que non é outra cousa que valerse do espazo e as súas propiedades, da cor e o seu comportamento, para falar máis de pintura e menos de emocións. Aínda que isto último é moi discutible."