Inauguración da exposición Xesús Valverde (1925/1993) Imprimir

Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Venres, 15 Abril 2011 21:48
Foto-Xess

O próximo mércores 20 de abril ás 19:30h. na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar),  sede do Instituto de Estudos Miñoranos terá lugar a inauguración da exposición Xesús Valverde (1925/1993).

Nesta exposición retrospectiva, celebrada 18 anos despois da morte de Xesús Valverde, ademais de amosar esculturas en pequeno e mediano formato, exporanse por primeira vez 27 debuxos, a meirande parte  inéditos,  algúns deles realizados nos últimos anos da súa vida que reflicten a súa interpretación simbólica do río Miñor e da paisaxe miñorá.

Xesús Valverde, pertencente a unha familia de estirpe miñorá, desenvolveu a súa actividade profesional en Madrid, pero mantivo sempre unha vinculación especial co Val Miñor e mesmo, nos derradeiros anos da súa vida, pasaba longas tempadas na súa casa da Romana, en San Pedro da Ramallosa, e está enterrado no cemiterio parroquial.

Esta é un ha primeira iniciativa entre outras que ten pensado desenvolver o Instituto de Estudos Miñoranos para recoñecer a obra e a persoa do escultor e artista plástico Xesús Valverde