Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos Inauguración da exposición retrospectiva Xesús Valverde 1925/1993
Skip to content
Inauguración da exposición retrospectiva Xesús Valverde 1925/1993 PDF Imprimir Correo-e

Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Mércores, 20 Abril 2011 21:59
Inauguruouse a mostra Xesús Valverde 1925/1993
Albar Valverde, filla do autor
Concelleiro de Nigrán, Juan González
Antonio Valverde, irmán do autor.
Carlos Méixome , director do IEM
J.González entrega un recordo familiar a Valverde
O público durante a presentación
Público asistente á inauguración.
O público na Aula de Cultura Ponte de Rosas
  • Anterior
  • 1 of 9
  • Seguinte

Esta noite na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" sede do Instituto de Estudos Miñoranos inaugurouse a exposición Xesús Valverde (1925/1993). A presentación da mesma estivo a cargo de Carlos Méixome, director do IEM; Alba Valverde, filla de Xesús Valverde, Antonio Valverde, irmán de Xesús e mais Juan González, 1º Tenente de Alcalde de Nigrán. Moitísima xente acudiu a esta inauguración, onde se contou coa presenza da familia de Valverde, concelleiros miñoranos, artistas do Val Miñor e público en xeral. Nesta exposición retrospectiva, celebrada 18 anos despois da morte de Xesús Valverde, ademais de amosar esculturas en pequeno e mediano formato, exporanse 26 debuxos, a meirande parte inéditos, algúns deles realizados nos últimos anos da súa vida que reflicten a súa interpretación simbólica do río Miñor e da paisaxe miñorá. A exposición estará aberta ata o 27 de maio e poderá ser visitada de luns a venres de 19 a 22 horas.