Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos A nosa histoira na web: Murguía Revista Galega de Historia.
Skip to content
A nosa histoira na web: Murguía Revista Galega de Historia. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Mércores, 18 Maio 2011 22:05
revista_murguia

Dossiers, entrevistas, pescudas, lembranzas e unha morea de artigos atópanse na páxina web de Murguía Revista Galega de Historia. Este espazo achéganos os últimos traballos e investigacións, entre eles, algúns escritos por membros do IEM. Recomendámoslles unha visita por esta web amiga.
O Colectivo Murguía está conformado por un grupo de historiadoras e historiadores que comezou a traballar en conxunto a mediados do 2001. A iniciativa inicialmente baseouse no traballo de debate historiográfico, procurando as fórmulas necesarias para a existencia dunha maior repercusión da investigación histórica no seo da sociedade. Desde o 2003 tirar cada catro meses Murguía, Revista Galega de Historia as rúas, incentivando investigacións, estudos, lectura de libros, entrevistas e o intercambio de experiencias profisionais entre distintos historiadores e historiadoras, así como a interdisciplinariedade.
Toma o seu nome a revista do historiador e polígrafo Manuel Murguía, mostra de recoñecemento merecido ao seu amplo e produtivo traballo. Recordatorio dun historiador comprometido co seu tempo, sabedor da importancia do pasado respeito do presente e o futuro.
As investigadoras e investigadores que constituíron este colectivo viñan de desenvolver diversos traballos de pescuda histórica: desde a Prehistoria até a Idade Contemporánea, pasando pola Idade Media; traballos sobre o agrarismo ou o nacionalismo galegos no século XX, até o peso na vila e corte de políticos nacidos na Galiza, pasando pola transcrición e análise de documentación medieval que deu teses de doutoramento como a da coordinadora do grupo, Alexandra Cabana Outeiro. Varios dos seus integrantes eran membros e directivos da Asociación Galega de Historiadores (AGH). Desde o 2001 até o 2003 o colectivo ideou e deseñou o que foi presentado á directiva da Asociación Galega de Historiadores como Murguía, Revista Galega de Historia. Entre o colectivo e a devandita entidade asinouse un convenio de colaboración do que é froito a publicación.
Murguía, Revista Galega de Historia, é unha publicación cuatrimestral, formato papel e en galego, centrada na Historia de Galiza e a Humanidade; conxunto de características que a fan única no seu xénero. Nacida no ano 2003 sob a dirección de Uxío-Breogán Diéguez e a coordinación de Alexandra Cabana Outeiro, da man do daquelas recentemente nado "Colectivo Murguía", mantén un protocolo de colaboración coa Asociación Galega de Historiadores, entidade creada no ano 1991 no marco da USC e co-editora da publicación.
Ten unha vontade integradora á hora de sumar esforzos na procura dun maior coñecemento do pretérito da Galiza. A rigorosidade na análise do noso pasado, a súa divulgación e a achega a unha necesaria interdisciplinariedade para unha mellor comprensión da historia son os signos chave do proxecto que representa Murguía.