Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos O IEM presenta unha publicación monográfica sobre o artista miñorán Xesús Valverde.
Skip to content
O IEM presenta unha publicación monográfica sobre o artista miñorán Xesús Valverde. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Xoves, 26 Maio 2011 10:51
capa_monografico_valverde

O próximo venres 27 de maio ás 20:30 h. terá lugar a presentación do Monográfico da Revista de Estudos Miñoranos dedicada ao escultor vinculado a Nigrán, en concreto a San Pedro da Ramallosa, Xesús Valverde. Nesta publicación recóllense diversos traballos sobre a obra de Xesús Valverde así como unha escolma das súas creacións. O acto terá lugar na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar). No evento o guitarrista Fernando Blanco Guerrero interpretará as seguintes pezas: Farmer's Trust - Travels (Pat Metheney), Samba en preludio (Baden Powel) e Wave ( Antonio Carlos Jobim).
O Instituto de Estudos Miñoranos edita esta monografía, coa colaboración do Concello de Nigrán. Para súa concreción contouse coas achegas dunha serie de estudos sobre a obra artística de Xesús Valverde entre os que se atopan traballos da profesora da Universidad Autónoma de Madrid e filla do escultor Alba Valverde; o crítico de Arte e profesor da Universidade de Vigo Xosé Antón Castro; a crítica e comisaria de exposición Manuela Sevilla; a profesora de Historia da Arte, Nuria Urbano; os escultores Venancio Blanco, que formou parte do Grupo de Seis Escultores xunto a Xesús Valverde, e Fernando Casás; ademais do artista miñorán Fino Lorenzo e o irmán de Xesús, Antonio Valverde Alonso.
Este número monográfico é unha edición especial da Revista de Estudos Miñoranos na mesma liña que as que se publicaron sobre Carlos Casares e Victoriano Taibo.
Ese mesmo día clausurase a exposición de Xesús Valverde.