Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos O IEM estará presente no Mercado de Arte este domingo en Sabarís.
Skip to content
O IEM estará presente no Mercado de Arte este domingo en Sabarís. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Venres, 27 Maio 2011 23:46
todos

O próximo domingo 29 de maio celébrase unha nova edición do Mercado de Arte de Sabarís na Praza de Abastos da localidade baionesa. Por un día a praza mercado trocará en mercado de arte no que se amosarán e poderán mercarse obras de múltiples artistas miñoranos. O evento vai das 10 ás 21 horas e está organizado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sabrís (COEMSA).
A cita atópase como unha ocasión ineludible para todas aquelas persoas da bisbarra ou da área metropolitana de Vigo que sexan amantes da arte. Os organizadores esperar superar a achega de expositores e visitantes do ano pasado. A mostra tamén permitirá contactar en persoa aos artistas. Dende a organización salientan a diversidade de obras e as amplas posibilidades económicas para adquirir unha obra de arte que ofrece este mercado.
A mostra contará con obras de artistas de recoñecida traxectoria, achegas de afeccionados, centros de formación da zona en múltiples disciplinas e do Instituto de Estudos Miñoranos.