Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos Inauguración da mostra ORBITANDO, de Jesús Valmaseda.
Skip to content
Inauguración da mostra ORBITANDO, de Jesús Valmaseda. PDF Imprimir Correo-e

Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por Rosalía Pazo   
Martes, 12 Novembro 2013 22:54
DIPTICO

-O vindeiro venres 15 de novembro ás20:30 horas terá lugar a inauguración da mostra "ORBITANDO", de Jesús Valmaseda, na Aula de Cultura Pontede Rosas (Avda. da Feira Nº10, Gondomar).

 'ORBITANDO' fai referencia ao estado deinercia da sociedade global. A un deixarse ir circularmente á deriva,magnetizada -a sociedade- por unha situación hipnótica que ameaza co colapso.

Jesús Valmaseda fala dun orbitararredor de nós mesmos, instalados na pasividade que xera a asunción daimpotencia; e toma como elemento simbólico desa idea a cidade, xérmolo dun ente hipertrófico que ten o seu plenodesenvolvemento nas macro-cidades actuais, nas que el recoñece a imaxe perfectada deriva cara a autodestrución.

A cidade como manifestación palmaria dunha ocupación invasiva, dunha concentración de artificiosen continua expansión, na que toda proporcionalidade e relación equilibrada comedio desapareceu. A cidade como hóspede que agrede ao anfitrión e así seautoaniquila.

As mega-cidades como buratos negros que absorben toda a enerxía, que todo o devoran edevolven só refugallos en deposicións diarreicas, sen intervalo, sen tregua.

A cidade como paradigma de vulnerabilidade; expresióndramática dun organismo enteiramente dependente.

A cidade expandida que en suxestivasimaxes nocturnas de satélite semella o "lucerío" dunha verbena planetaria, unhafesta popular que apuramos masivamente antes de que o corto-circuíto xeralanunciado poña o final definitivo.

Varias das pezas de escultura quepresenta na sala de exposicións do Instituto de Estudos Miñoranos, en Gondomar,son aglomeracións de pequenos elementos de madeira (o material principal, maisnon o único) dispostos de xeito que suxiren fragmentos de espazos urbanizados een crecemento, presentados desde unha perspectiva aérea ou lonxana. Valmasedaalude a este aspecto dicindo que pretende suxerir a visión distante dun "deus"indolente, na que o demiurgo sería a Humanidade posuidora de amplos saberes etecnoloxía; ateigada de coñecemento que, porén, máis que solucións, xera parálise.

Noutras obras emprega materiais comometacrilato e lousa, cartón e aceiro inox; ou tea asfáltica, metacrilato e luzasomando nun bidón para o lixo. E emprégaos tentando o diálogo ou aconfrontación das cualidades estéticas, mais procurando, a través das relaciónsque van establecendo, a suxestión de sentido.

A exposición estará aberta desde o 15 de novembro de 2013 ata o 7 defebreiro de 2014, en horario de 19 a 22 h (luns a venres) na Aula e CulturaPonte de Rosas. Avenida da Feira nº 10. Gondomar.