Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos
Skip to content
Sala Exposicions 2009 - 2016
Inauguración da exposición “Labirinto”, de Manolo Ledo na Aula de Cultura Ponte de Rosas. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Martes, 17 Setembro 2013 20:19

Pe-de-mula-Sabaxans-Mondari

O vindeiro venres 20 de setembro  ás 20:30 horas terá lugar a inauguración da exposición Labirintos , de Manolo Ledo. O traballo será presentado polo arqueólogo Xosé Lois Vilar cunha introdución do artista plástico Fino Lorenzo. O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), sede do IEM.

Ler máis...
 
Do cero e o infinito PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por Fino Lorenzo   
Luns, 03 Xuño 2013 18:17

obra-recente-carlos-barros

Un dos moitos argumentos recorrentes da modernidade é o abandono case total, de parte das artes plásticas, dunha idea de narración, asociada, quizais dun xeito inxenuo, a unha perspectiva fixa e homoxénea. A fotografía do século XIX, coas súas pretensións de verdade, invadiu o territorio da representación, e a pintura, orfa, algo estrañada, e aparentemente inútil, deu en emigrar alén dos seus límites tradicionais, espallándose fora do marco do cadro, na procura doutros espazos nos que se desenvolver. Desde entón, e malia os fecundos roteiros que se derivaron desa aventura adolescente, a pintura semella vivir cunha morte sempre anunciada, pendurada nun denso limbo de sospeita.

Ler máis...
 
OBRA RECENTE, a mostra de Xosé Carlos Barros aberta na Aula de Cultura Ponte de Rosas. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Martes, 28 Maio 2013 00:32
x-c-barros
O venres 24 de maio tivo lugar a inauguración da exposición OBRA RECENTE, do plástico Xosé Carlos Barros na Aula de Cultura Ponte de Rosas. O traballo foi presentado polo artista e membro da Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos, Fino Lorenzo.
Ler máis...
 
O artista plástico Xosé Carlos Barros inaugura a mostra OBRA RECENTE na Aula de Cultura Ponte de Rosas. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Martes, 21 Maio 2013 23:20

diptico-barros

O vindeiro venres 24 de maio ás 20:30 horas terá lugar a inauguración da exposición OBRA RECENTE, do plástico Xosé Carlos Barros. O traballo será presentado polo artista vigués Amando, e introducido por Fino Lorenzo. O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), sede do IEM.
Presente nas mellores coleccións institucionais e privadas do país, a obra que Xosé Carlos Barros (Vigo, 1962) presenta na Aula de Cultura Ponte de Rosas, supón un exquisito experimento plástico que indaga nas posibilidades simbólicas da materia.
Ler máis...
 
TERRA INCÓGNITA. UNHA VISIÓN SUBXECTIVA. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Venres, 08 Marzo 2013 23:05

Terra_Incognita_09

Cando, o 15 de febreiro, me tocou presentar a moi particular mirada que o fotógrafo ENRIQUE TOURIÑO MARCÉN ten, e mostra, do territorio que rodea a súa residencia gondomareña, fíxeno amparándome na miña visión subxectiva da súa obra; fíxeno nos seguintes termos:

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 11