Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos
Skip to content
Sala Exposicions 2009 - 2016
Inauguración da exposición do fotógrafo BRUNHEIRA. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Venres, 17 Xuño 2011 18:34

ENC-FOT-DIXITAL-PORT

Hoxe ás 20:30 na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) inaugurárase a exposición "PASEANDO" do fotógrafo BRUNHEIRA. A exposición permanecerá aberta ata o 30 de xullo e está enmarcada dentro dos 2º Encontros de Fotografía Dixital DOMINGO PÍO QUINTAS NÚÑEZ 2011 organizado pola Concellería de Cultura de Gondomar.
Ler máis...
 
A fotografía de BRUNHEIRA no 2º Encontro de Fotografía Dixital de Gondomar exponse no IEM. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Luns, 13 Xuño 2011 20:36

ENC-FOT-DIXITAL-PORT

Dentro dos 2º Encontros de Fotografía Dixital DOMINGO PÍO QUINTAS NÚÑEZ 2011 organizado pola Concellería de Cultura de Gondomar, o próximo venres 17 de xuño de 2011 ás 20:30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) inaugurárase a exposición "PASEANDO" do fotógrafo BRUNHEIRA. A exposición permanecerá aberta ata o 30 de xullo. Ao remate tomaremos uns petiscos.
Attachments:
Download this file (BASES FOTOS 2011.pdf)Bases fotos 2011[ ]1168 Kb
Download this file (Bases maraton.pdf)Bases maratón[ ]1451 Kb
Ler máis...
 
Mostra do artista Fernando Casás no Brasil. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Luns, 02 Maio 2011 21:55

expo-casas

O noso compañeiro, o artista Fernando Casás inaugura o próximo luns 9 de maio a súa exposición Bom día, Brasil. Boa noite, Brasil, na Galeria de Arte Maria de Lourdes Mendes de Almeida, na rua Joana Angélica 63, Ipanema, Río de Xaneiro, Brasil. A mostra chega auspiciada pola Universidade Cándido Mendes e o Centro Cultural Cándido Mendes, do país sudamericano.
 
A obra de Xesús Valverde: unha recuperación necesaria. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Martes, 26 Abril 2011 20:53

xesus-iem

Aínda que é coñecido o interese dos responsables da Aula de Cultura Ponte de Rosas en Gondomar, por recuperar a sobranceiros artistas doutras xeracións, a primeira sorpresa que ofrece esta exposición, dedicada a Xesús Valverde, é a fluidez coa que encaixa na liña, aberta, contemporánea e experimental, da sala.
Ler máis...
 
Inauguración da exposición retrospectiva Xesús Valverde 1925/1993 PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Mércores, 20 Abril 2011 21:59

Inauguruouse a mostra Xesús Valverde 1925/1993

Esta noite na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" sede do Instituto de Estudos Miñoranos inaugurouse a exposición Xesús Valverde (1925/1993). A presentación da mesma estivo a cargo de Carlos Méixome, director do IEM; Alba Valverde, filla de Xesús Valverde, Antonio Valverde, irmán de Xesús e mais Juan González, 1º Tenente de Alcalde de Nigrán.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 6 de 11