Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos
Skip to content
Sala Exposicions 2009 - 2016
Nova exposición: "MATERIAL METÁFORA" de Pepe Cáccamo PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Mércores, 01 Setembro 2010 02:21
{youtube width="200" height="160"}Ky9jKNIS97k{/youtube}

O venres 10 de setembro ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas, (Avda. Campo da Feira, 10, baixo, Gondomar) inaugurarase a exposición de PEPE CÁCCAMO  "MATERIAL METÁFORA"

Attachments:
Download this file (caccamo web.pdf)caccamo web.pdf[diptico da exposición]7819 Kb
Ler máis...
 
Material Metáfora PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Martes, 31 Agosto 2010 21:31

MATERIAL METÁFORA

 

Do calculadamente azaroso encontro entre a máquina de coser e o paraugas sobre o leito cirúrxico naceu a úbeda estirpe das linguaxes surreais, que aínda falan, con inflexións de voz que se foron modulando e diversificando ao longo das décadas desde mediados da dos anos vinte do pasado século. Vanse cumprir cen anos da fundación daquela ollada onírica que segue a alumear as tebras da vixilia e sentimos vixente e vibrante a música e o pensamento das súas poéticas. Moitos traballamos no obradoiro da moderna tradición do surrealismo e continuamos a confiar no poder indagatorio das súas máquinas de visión.

Ler máis...
 
Curriculum Pepe Cáccamo PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Martes, 31 Agosto 2010 21:23

PepeCc2-1024x576

PEPE CÁCCAMO

(Nome artístico do escritor Xosé María Álvarez Cáccamo)

Vigo, 1950

En Ancoradoiro, volume editado por Espiral Maior no ano 2003, reúnense os seus libros de poesía publicados até aquela data. Desde aquela apareceron otros títulos poéticos, entre eles Manuscritos do ar ( colección Bourel, Santa Uxía de Ribeira, 2007) e Cántico dos topónimos esdrúxulos (Espiral Maior, A Coruña, 2010), libros nos que se mostra o diálogo entre as modalidades da poesía discursiva e visual de Pepe Cáccamo.

Ler máis...
 
Últimos días para ver a mostra fotográfica No Grande Azul de José Romay. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Martes, 17 Agosto 2010 21:24

Romay1_copiaAs imaxes en branco e negro, de gran formato, que José Romay expón na "Aula de Cultura Ponte de Rosas", supoñen un excelente exemplo de fotografía documental nas que se retratan as duras condicións de traballo dos mariñeiros galegos de altura e litoral.

Ler máis...
 
Ultimos días da mostra No Grande Azul PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Luns, 05 Xullo 2010 21:05
Romay1_copiaAs imaxes en branco e negro, de gran formato, que José Romay expón na "Aula de Cultura Ponte de Rosas", supoñen un excelente exemplo de fotografía documental nas que se retratan as duras condicións de traballo dos mariñeiros galegos de altura e litoral.
Attachments:
Download this file (CAT. Jose Romay.pdf)Catálogo José Romay[ ]1585 Kb
Download this file (Romay.pdf)Diptico da exposicións[ ]218 Kb
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 11