Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Seccións Premio Victoriano Taibo
Skip to content
Artigos
Os contos pequenos PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 26 Outubro 2016 00:04
contos pequenos

OS CONTOS PEQUENOS

No ano 1955 o doutor Antón Beiras García, oftalmólogo de gran prestixio internacional, recibiu un entrañable agasallo: un volume manuscrito que contiña oito contos populares aos que Victoriano Taibo lle dera forma literaria. O doutor, totalmente comprometido coa causa galeguista, teimaba en educar os fillos en galego e por esa época debía estar introducindo o primoxénito na lectura e escritura nesta lingua que carecía de material axeitado, polo que mercaba libros en portugués. A dobre condición de mestre e escritor do académico, amigo seu, non debeu ser allea á súa decisión de escribir, encadernar e regalarlle ao médico aquela obriña única que titulou Contos pequenos, dedicada ao fillo Hixinio.

O IEM ofrece agora este opúsculo na súa versión orixinal acompañado de catro artigos de diversa índole; así, Hixinio Beiras Cal fala dos seus recordos daquela época; Camiño Noia Campos incardina os contos dentro do folclore internacional; Gonzalo Navaza Blanco fai un estudo do léxico e das expresións empregadas; e Xesús Alonso Montero cóntanos a historia externa do manuscrito. Leva, tamén, unha versión actualizada (cun vocabulario, ao final, das palabras que, sendo galegas, non se atopan no dicionario da RAG) do texto dos contos coa dobre finalidade de facilitar a lectura do manuscrito e de que sirva como libro de lectura para cativos en idade escolar, ilustrado por Fino Lorenzo.

Este volume, concibido como unha unidade, desmémbrase en tres libros que poden ser lidos independentemente, facilitándolle ao lector o uso que desexe facer da información aquí ofrecida. Conteñen, respectivamente, as partes comentadas máis arriba, é dicir, a edición facsimilar, o conxunto de artigos de acompañamento e a versión actualizada. Unha faixa envolvente que serve de portada do conxunto, deseñada igualmente por Fino Lorenzo, consegue a unidade antes mencionada.

 

ACTO DE PRESENTACIÓN

 

A presentación desta obra, dirixida a escolares e a adultos, terá lugar o día 30 de outubro, domingo, ás 19:00 horas no Auditorio Municipal “Lois Tobío” de Gondomar nun acto dirixido por Marta Dacosta que constará da lectura creativa de varios contos a cargo de alumnos do CEP “Neira Vilas” (Peitieiros), do CEP de Sabarís, dos alumnos Xián, Pablo e Antía, do grupo de teatro afeccionado “Xesta Vermella” (Borreiros) e de Paco Barreiro; haberá tamén un concerto do último citado, Paco Barreiro, cantante, músico, compositor e actor.

 
Xosé Iglesias gaña a 9ª edición do Premio Victoriano Taibo de poesía. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Venres, 16 Setembro 2016 18:34

O xurado do IX Premio de Poesía Victoriano Taibo, formado polos profesores e escritores Xulián Maure, Gonzalo Navaza, Marta Dacosta, Iñaki Varela e Miguel Anxo Mouriño, acaba de acadar o acordo de concederlle o galardón ao poeta fisterrán de Cee Xosé Iglesias Lamela polo poemario titulado A relixión do mar. Trátase dun libro que, sen abandonar a linguaxe poética, constitúe un auténtico tratado sobre a vida en e relacionada co mar. Desfilan por estas páxinas aparellos, artes de pesca, coñecementos de navegación, embarcacións, carpintería de ribeira, lugares, sucesos e un grande

Ler máis...
 
IX Premio de Poesía Victoriano Taibo PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 10 Setembro 2016 00:46

IX Premio de Poesía Victoriano Taibo

 

A novena edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo enceta unha nova etapa deste importante certame ao estar agora integramente patrocinado polo Concello de Gondomar e ter a súa sede oficial na vila condal. Agardamos que esta nova andaina sexa polo menos tan frutuosa como a anterior, cousa que parece probable dada a importante participación acadada (44 orixinais) semellante á de todas e cada unha das edicións precedentes. O día 8 de setembro, en reunión deliberativa, o xurado resaltou a gran calidade de moitos deles e elixiu as obras finalistas, que resultaron ser, citadas a continuación por orde de entrada, as que ostentaban os seguintes títulos:

Entullo

Sobre a beleza

Relixión do mar

Dos nomes do fume

Capetón

O veredicto definitivo darase a coñecer nos próximos días, momento no que se fará público o gañador ou gañadora desta nova edición.

 
IX Convocatoria Premio Victoriano Taibo 2016 PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Xoves, 14 Abril 2016 23:08

cartaz_premio_taibo_2016

CONVOCATORIA ANO 2016

A oitava convocatoria deste certame poético pasou serias dificultades de supervivencia ao decidir a patrocinadora, Entidade Local de Morgadáns, romper o convenio que regulaba a colaboración sen a denuncia previa contractual.

Attachments:
Download this file (Díptico Premio Victoriano Taibo OK.pdf)Bases IX Premio Victoriano Taibo [ ]177 Kb
Ler máis...
 
Intervención de Armando Requeixo no acto conmemorativo do cincuentenario de Victoriano Taibo. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 23 Marzo 2016 20:11
Contos pequenos para saír do abicedo

Armando Requeixo

Victoriano Taibo naceu na cerna do país, foi durame desa terra na que medrou cando neno, aprendendo da xente nosa os xeitos e os dicires, os contos e os cantos que oíu dende cativiño na fonda que os seus pais rexentaban na Algalia compostelá.
Por iso, cando chegou a mozo quixo estudar para ser ensinante e devolverlle ao pobo todo o que fora e ía del asimilando. E cando principiou a se atrever a dar a coñecer os primeiros escritos, afirmou o seu sentir sen dubitacións declarándose "un rexionalista de toda a vida e case fanático".

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 14