Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Seccións Premio Victoriano Taibo
Skip to content
Artigos
No cincuentenario de Victoriano Taibo PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 13 Marzo 2016 22:01

taibo-por-masidePublicado o 13 Marzo 2016 por Armando Requeixo

Tal día coma hoxe, hai exactamente medio século, finaba na súa vivenda de Palencia 37, no vigués barrio de Lavadores, o compostelán Victoriano Taibo.
Os seus oitenta anos de vida déronlle para se converter nun dos poetas máis representativos das Irmandades da Fala, das que este ano celebramos o centenario e das que foi o seu secretario en Compostela. Poemarios como Abrente (1922) e Da vella roseira (1925) dan fe disto. Mais Taibo foi tamén un importante membro do Seminario de Estudos Galegos (no que ingresou en 1926) e do Instituto Histórico do Minho (do que pasou formar parte en 1930).

Ler máis...
 
O Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, AELG, manifesta o seu apoio á continuidade do premio Victoriano Taibo. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 09 Decembro 2015 20:40

Cartel

O Premio de Poesía Victoriano Taibo acadou, nos seus oito anos de vida, un importante prestixio que o converte nun claro referente para poetas, críticos, xornalistas, en fin, para a vida intelectual e literaria do país. Coidamos que ningunha persoa interesada neste eido da cultura porá en cuestión tal aserto. Pero hoxe necesitamos algo máis. Necesitamos facer visible o importante papel que este certame xoga no panorama cultural galego, que as administracións se decaten do seu poder de convocatoria, que sexan sensibles á importancia de ter en Gondomar, de ter no Val de Miñor, unha actividade desta categoría capaz de motivar os mellores creadores de Galicia e fornecer o noso espazo literario de obras poéticas de primeira magnitude. Porque o Premio de Poesía Victoriano Taibo olla o futuro con preocupación, agradecemos a carta de apoio que nos envía a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), que publicamos nesta páxina.

O Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, AELG, manifesta o seu apoio á continuidade do premio Victoriano Taibo.

As escritoras e os escritores galegos recoñecemos nesta iniciativa do Instituto de Estudos Miñoranos,  IEM, o esforzo por dar a coñecer e enxalzar a figura dun escritor galego inxustamente esquecido e que tan unido estivo á localidade en que o premio nace. Tamén queremos recoñecer a importante achega que un premio literario coma este significa para a nosa literatura, pois para alén de divulgar a figura de Taibo, achega novas obras e autoras e autores á casa literaria de noso, ampliando a súa extensión, diversidade e importancia, algo que coincide plenamente cos desexos do autor homenaxeado e que é obxectivo esencial desta Asociación.

Ler máis...
 
O vigués Iñaki Varela Pérez gaña o VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo – ELM de Morgadáns PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 18 Setembro 2015 20:56

Fino_VT

O VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local Menor de Morgadáns acadou este ano unha importante participación, como vén sendo costume dende a súa institución, con corenta e dous orixinais presentados. Na primeira quincena de setembro reuniuse o xurado, que resaltou a importante calidade de moitos deles e elixiu, en primeiro lugar, as obras finalistas, que resultaron ser as citadas a continuación por orde de entrada, as que ostentaban os seguintes títulos e lemas ou pseudónimos:

Ler máis...
 
Convocatoria do VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo Entidade Local de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Xoves, 16 Abril 2015 21:58

Cartel-taibo_2015

O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. Está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM.

Ler máis...
 
“O estado de cousas ao que nos están sometendo é unha forma moi efectiva de opresión” PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por Montse Dopico   
Martes, 09 Decembro 2014 20:19

 

250-lara
Lara Rozados gañou o Premio de Poesía Victoriano Taibo con 'O caderno amarelo', un libro nado do xeito de opresión que é a precariedade laboral, mais tamén da confianza no colectivo como resposta.

 

Hai moito desacougo en 'O caderno amarelo', o libro coa que Lara Rozados gañou o Premio de Poesía Victoriano Taibo. E ten que ver co desemprego e coa precariedade laboral, con non saber de que se vai vivir os próximos meses. Síntoma dun tempo no que a opresión se exerce, outra vez, desta e doutras moitas maneiras como a represión da disidencia. Contra iso revóltase 'O caderno amarelo'. Que é tamén, di a súa autora, irmandade fronte á barbarie. Procura do colectivo fronte á neoliberalización das vidas.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 14