Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Seccións Premio Victoriano Taibo
Skip to content
Artigos
Corenta e nove obras concorren ao VII Premio de Poesía Victoriano Tabio – Entidade Local de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Xoves, 07 Agosto 2014 21:04

obras-vt-web

Corenta e nove obras participarán no 2014 da VII edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Menor Local de Morgadáns, organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos.

O pasado 31 de xullo  rematou o prazo para a recepción de orixinais para participar no VII Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. O xurado reuniuse para recoller os traballos presentados, nun total de corenta e nove obras. O fallo farase público nos primeiros días de setembro, en data que se anunciará nos medios de comunicación.

Ler máis...
 
Convocatoria do VII Certame de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 22 Abril 2014 23:07

Cartel-taibo_2014

O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o VII Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. Está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM.

Ler máis...
 
Gala Cultural da entrega do VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - ELM de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 04 Decembro 2013 22:04

DSCF3655

Para todos aqueles que participaron e para os que non puideron asistir entregamos o vídeo completo da Gala Cultural que deu marco á entrega do VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - ELM de Morgadáns, celebrada na Escola de Guillufe o pasado sábado 23 de novembro de 2013.

Ler máis...
 
Ramón Sandoval recibiu o VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - ELM de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 26 Novembro 2013 01:49

DSCF3655

Coa presenza de membros da familia do mestre  Victoriano Taibo, autoridades da ELM de Morgadáns e o Concello de Gondomar tivo lugar o pasado sábado a entrega ao escritor Ramón Sandoval dos galardóns correspondentes á VI edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo - ELM de Morgadáns, pola súa obra Territorio Estraños. A gala cultural que deu marco ao acto contou cunha gran asistencia que encheu o local da Escola de Guillufe, onde Taibo desenvolveu boa parte do seu maxisterio na parroquia.

Ler máis...
 
Gala cultural na VI entrega do Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 19 Novembro 2013 01:07

ramon-sandoval

Música, teatro e poesía tecerán unha gala cultural que lle dará marco á entrega do VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns ao gañador desta edición Ramón Sandoval, consistente en 3000 € en efectivo, unha escultura creada para este certame polo artista Fino Lorenzo e a publicación do libro, Territorio Estraños, que se presentará neste acto. A cerimonia terá lugar o vindeiro sábado 23 de novembro a partir das 19:30 horas, nas instalacións da Escola de Guillufe. O acto será conducido por Marta Dacosta

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 7 de 14