Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Seccións Premio Victoriano Taibo
Skip to content
Artigos
“Territorios Estraños”, de Ramón Sandoval Pérez gaña o VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 18 Setembro 2013 23:53

VT-2013

O xurado do VI Premio de Poesía Victoriano - Entidade Local de Morgadáns acordou declarar gañador da convocatoria deste ano o poemario Territorios Estraños, do que é autor Ramón Sandoval.

O premio, dotado con 3000 €, escultura conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e publicación do libro polo Instituto de Estudos Miñoranos na colección Victoriano Taibo, será entregado no transcurso dun acto cultural que se celebrará na Escola de Guillufe de Morgadáns, sede do Premio, no mes de novembro.

Ler máis...
 
Catro obras compiten como finalistas do VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 10 Setembro 2013 23:11

vtxurado2013

Finalmente o xurado elixiu 4 obras como finalistas de entre os 33 orixinais aspirantes a conseguir o VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. Trátase dos títulos Territorios estraños, Estar aquí, Deitado no colo do odio, Volvería ao frío. Na próxima semana darase a coñecer cal dos catro  é o gañador desta convocatoria cuxo ciclo pecharase na primeira quincena de novembro coa celebración do acto de entrega do premio, dotado con 3000 €, unha estatua conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e a publicación do libro na colección Victoriano Taibo do IEM.

Ler máis...
 
Tinta e tres orixinais concorren ao VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 06 Agosto 2013 22:41

orixinais-VT

Trinta e tres obras participarán no 2013 da VI edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Menor Local de Morgadáns, organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos.

Ler máis...
 
Chegan as primeiras obras que participarán no VI Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 07 Xuño 2013 19:48

VT-2013

Estamos a recibir os primeiros poemarios que participarán do VI Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. Unha vez máis, o certame outorgará ao gañador un premio en metálico de 3 mil euros, unha escultura do plástico miñorano Fino Lorenzo, e a publicación da obra editada polo Instituto de Estudos Miñoranos. O prazo de entrega dos traballos remata o vindeiro 31 de xullo.
Ler máis...
 
VI PREMIO DE POESÍA VICTORIANO TAIBO ENTIDADE LOCAL DE MORGADÁNS. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 30 Abril 2013 20:00

vi-vt

CONVOCATORIA ANO 2013

O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o VI Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. Está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 14