Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Seccións Sala de exposicións 2009 - 2016
Skip to content
Sala Exposicions 2009 - 2016
O fotógrafo Enrique Touriño presentará a obra de Miguel Vázquez na inauguración do WORK IN PROGRESS. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Martes, 27 Marzo 2012 22:25

tourino

O prestixioso fotógrafo Enrique Touriño (veciño de Gondomar), será o encargado da presentación da exposición WORK IN PROGRESS, do plástico Miguel Vázquez, que terá lugar o vindeiro venres 30 de marzo ás 20:30 na Aula de Cultura Ponte de Rosas.
Ler máis...
 
WORK IN PROGRESS, exposición do ceramista Miguel Vázquez no IEM PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Luns, 26 Marzo 2012 23:00

invitacion_optimizado1

O próximo venres 30 de marzo ás 20:30h. na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) terá lugar a inauguración da exposición do ceramista Miguel Vázquez "WORK IN PROGRESS". A exposición permanecerá aberta na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar), sede do Instituto de Estudos Miñoranos, ata o 16 de maioen horario de 19h. a 21h. de luns a venres.

Ler máis...
 
Vídeo da inauguración "nun lugar do mundo Oregón (Ourense)" do pintor Miguel Mosquera. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Venres, 21 Outubro 2011 22:40

{youtube width="250" height="200"}twpfGa_JxTU{/youtube}

Este venres 21 de outubro inaugurouse a exposición do pintor Miguel Mosquera: "nun lugar do mundo Oregón(Ourense), na Aula de Cultura "Ponte de Rosas. Logo da benvida do artista anfitrión Fino Lorenzo, o xornalista Camilo Franco presentou a Mosquera e a súa obra, á que cualificou como unha mirada indignada dende o arte á realidade.

Ler máis...
 
Imaxes da inauguración da exposición Conservar a Memoria na Aula de Cultura Ponte de Rosas. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Luns, 12 Setembro 2011 20:58

chas-inauguracion

O venres 9 de setembro ás 20:30h. na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) tivo lugar a inauguración da exposición Conservar a memoria do fotógrafo Chas.
No acto inaugural ademais do autor estivo presente o director do Museo do Mar, Pablo Carrera. A exposición é resultado do proxecto promovido polo Museo do Mar de Galicia en colaboración co Centro de Estudos Fotográficos, estamos a falar da creación e posta en marcha das Bolsas de Creación Fotográfica "O Mar", que pretenden promover novos talentos en creación fotográfica partindo dun proxecto previo, necesariamente anovador, que fixa uns obxectivos que mediante o traballo de campo fotográfico plasmaranse nunha exposición.

Ler máis...
 
A Aula de Cultura Ponte de Rosas inaugura a mostra Conservar a memoria, do fotógrafo Chas. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Xoves, 08 Setembro 2011 01:02

Interior-Chas29-copia

O próximo venres 9 de setembro  ás 20:30h. na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) terá lugar a inauguración da exposición Conservar a memoria de fotógrafo Chas.

Attachments:
Download this file (conservar a memoria fin.pdf)Díptico da mostra fotográfica[ ]642 Kb
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 11