Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Seccións Sala de exposicións 2009 - 2016
Skip to content
Sala Exposicions 2009 - 2016
Exposición de fotografías No Grande Azul de José Romay (xullo e agosto de 2010) no IEM. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Xoves, 01 Xullo 2010 20:17
Romay1_copiaO próximo venres 2 de xullo ás 20:30h. na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" , sede do Instituto de Estudos Miñoranos, (Avda da Feira, 10, baixo, Gondomar) terá lugar a inauguración da exposición de fotografías de José Romay, No Grande Azul

No acto inaugural ademais do autor estará tamén presente o director do Museo do Mar, Pablo Carrera, que promoveu a realización desta exposición, resultado dun dos proxectos considerados estratéxicos polo Museo do Mar de Galicia.

Attachments:
Download this file (CAT. Jose Romay.pdf)Catálogo José Romay[ ]1585 Kb
Download this file (Romay.pdf)Catálogo da exposicións[ ]218 Kb
Ler máis...
 
Exposición de María Moreira. Trinta anos de moda galega PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Xoves, 08 Abril 2010 01:48
maria_moreira

DO 15 DE ABRIL AO 14 DE MAIO
Comisariado: Rosalía Pazo Maside, Colaboracións: Andrea Moreira, Jesús Valmaseda e Escola de Moda da Universidade de Vigo
HORARIO Luns a venres de 19 a 21 h.
AULA DE CULTURA PONTE DE ROSAS Avda. da Feira, 10 Gondomar

Attachments:
Download this file (MariaMoreira.pdf)Díptico da exposición[Exposición de María Moreira. Trinta anos de moda galega]181 Kb
Ler máis...
 
Exposición de pintura de Manuel Izquierdo PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Martes, 26 Xaneiro 2010 22:54

Manuel IzquierdoO próximo venres 22 de xaneiro ás 20:30h. será inaugurada, na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (avda. do Conde 10, baixo, Gondomar), a exposición do pintor MANUEL IZQUIERDO baixo o rótulo “CONSTRUCIÓN E VARIACIÓNS”

Na Aula de Cultura Ponte de Rosas, actual sede do Instituto de Estudos Miñoranos, (IEM), estreamos ano e, polo tanto, nova programación. Aínda sensibles, tralas datas que nos deixan, a certa noción repetitiva e circular do tempo, e recuperándonos dunha abusiva exaltación das emocións, sentimentos e aparencias, atopamos pracenteiro e especialmente pertinente presentar a obra singular de Manuel Izquierdo, un rara avis no panorama plástico contemporáneo.

Attachments:
Download this file (ManuelIzquierdo.pdf)Descargar catálogo[Catálogo da exposición de pintura de Manuel Izquierdo]57 Kb
Ler máis...
 
Exposición Pinturas e gravados 1972-2009 de Armando Guerra PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Mércores, 14 Outubro 2009 01:00

O próximo venres 16 de outubro ás 20:30h inaugurarase unha nova exposición do pintor afincado no Val Miñor ARMANDO GUERRA baixo o rótulo "PINTURAS E GRAVADOS (1972-2009)" na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (avda. do Conde 10, baixo, Gondomar. A exposición poderase visitar entre o 16 de outubro e o 13 de novembro, nos días laborables entre as 19h e as 21 h.

É un grande pracer para nós, acoller aquí, na Aula de Cultura Ponte de Rosas e sede do IEM, esta excelente mostra do pintor e gravador Armando Guerra.

 

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 Seguinte > Final >>

Páxina 11 de 11